jueves, 8 de septiembre de 2016

Curso 2016/2017

Benvidos a este novo curso.
A reunión da ANPA será o vindeiro luns 12 as 20:00. Orde do día:
  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Estado das contas.
  • Informe de dirección.
  • Informe sobre o Tockapp.
  • Proxectos da Federación de ANPAS.
  • Información sobre o autobús.
  • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago.
  • Novos membros para o ANPA.
  • Rogos e preguntas.
Un ano máis insistimos: no tema dos autobuses a ANPA o que fai é INFORMAR, trata coas compañias de autobuses Monbus e Cerqueiro as paradas e horarios que eles marcan, pero non temos responsabilidade neste tema.
Os únicos alumnos que dispoñen de servicio de autobús gratuito é a ESO, que a subvenciona a XUNTA. Bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.

IMPORTANTE: A cuota da ANPA será ingresado na conta da ANPA, facendo constar o nome do alumno/a e se pode ser, o curso no que entra.
En caso de ter irmáns nun centro da Federación de ANPAS, co pago nun único centro chega. Se facedes o pago noutro centro, debedes mandarnos por correo unha copia do ingreso, e indicar o nome do alumno/a do noso centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Eviten el uso de nombres de alumnos en sus comentarios.
No se publicarán comentarios ofensivos.