miércoles, 8 de abril de 2015

QUE QUEREMOS AS ANPAS QUE FAGAN OS CONCELLOS EN MATERIA EDUCATIVA?

Dentro duns meses hai eleccións municipais, imos escoller quen vai gobernar os nosos concellos e imos decidir cal das propostas que nos presenten é a que cremos máis acaída aos nosos intereses colectivos, como cidadáns, como usuarios e, cal é o noso caso, como familias con fillos en idade escolar. 
O goberno dos Concellos ten nas súas mans a administración máis achegada á realidade cotiá, a que máis nos afecta; pero tamén ten o potencial de traballar coas outras administracións públicas para axilizar a relación da cidadanía con institucións moitas veces arredadas ou dificilmente accesíbeis.
Por iso, queremos facer un catálogo de intencións, isto que logo explicaremos é o que desexamos que sexa compromiso de calquera partido ou formación que pretenda gobernarnos, e proxecto e actuación dos que gañen as eleccións. 
Para ler todo o documento, fai click no logo