jueves, 15 de octubre de 2015

Actividades en Rodeira

Baloncesto: Os mércores de 16:30 a 17:30 precio 30€
Badminton: Martes de 16:00 a 17:00 Precio:13€
Para ESO y Bachiller.
Os interesados teñen que ir a Rodeira nas horas das actividades para anotarse

Información autobús de Bueu

Temos que informarvos que nos foi imposible chegar a un acordo coa empresa de transporte para realizar o traslado dos nenos de Bueu ata o noso centro, debido a que son moi poucos.
Desde o ANPA sentimos que non se puido resolver este asunto, fixemos todo posible dentro das nosas posibilidade.

lunes, 7 de septiembre de 2015

Curso 2015-16

Este xoves, dia 10 de setembro, teremos a reunión da ANPA cos país. A primeira convocatoria será as 20:00, segunda 20:30.
Entre outros temas falaremos de:
  • Aprobación da Contas do ano pasado
  • O tema dos autobuses
  • Da posibilidade de adquirir o Tockapp como comunicación cos país
  • Cuota de ANPA para este ano e prazo de pago
  • Novos membros de ANPA e cambio de cargos
  • Rogos e preguntas
O día 15 será a presentación de 1º da ESO e 1º de Bacharelato as 11:30, e todos os cursos terán que ir o día 16 de setembro as 12:00. As Clases comezan o 17 en horario normal:

  • Luns e Mércores de 8:30 a 15:00
  • Martes, Xoves e venres de 8:30 a 14:00

En relación o tema dos autobuses insistir en que a ANPA trata coas compañias de autobuses Monbus e Cerqueiro as paradas e horarios que eles marcan e nos vos informamos, pero non temos responsabilidade neste tema. A Xunta paga gratuitamente os alumnos da ESO o transporte, os demáis alumnos do centro, bacharelato e ciclos teñen que pagar a cuota que a empresa dispón, cubrindo un impreso que podedes pedir nas propias empresas.

Queremos aclarar que o tema da axuda da Xunta para material escolar  o xestiona o centro directamente. Tedes que cubrir un formulario e adxuntar fotocopia do libro de familia (levar orixinal para compulsar).

jueves, 21 de mayo de 2015

Rexeitamos a Reválida de 3º de Primaria

Dende a páxina de as ANPAS GALEGAS tedes a información completa, aquí tedes un resumo...


Preme aquí para rexeitar a reválida de terceiro

A Confederación ANPAS GALEGAS oponse á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio) e apoia calquera decisión das familias que exprese o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se programe.

O pasado 30 de abril o Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de terceiro curso de educación primaria na nosa Comunidade Autónoma. Esta avaliación realizarase os próximos 27 e 28 de maio e afectará a todos os centros docentes galegos que impartan terceiro de primaria. E isto é, nin máis nin menos, a PRIMEIRA REVÁLIDA DA LOMCE. Durante a xestación da LOMCE, en todos aqueles meses e anos dende a presentación do primeiro anteproxecto ata que foi lei publicada, as ANPA rexeitámola dende o primeiro momento, e mantivemos a seguridade de que esa lei é lesiva para a educación dos nosos fillos e fillas, para a sociedade, e para todos os actores do ensino público, tanto o profesorado, como as familias e por suposto o propio alumnado
...

miércoles, 8 de abril de 2015

QUE QUEREMOS AS ANPAS QUE FAGAN OS CONCELLOS EN MATERIA EDUCATIVA?

Dentro duns meses hai eleccións municipais, imos escoller quen vai gobernar os nosos concellos e imos decidir cal das propostas que nos presenten é a que cremos máis acaída aos nosos intereses colectivos, como cidadáns, como usuarios e, cal é o noso caso, como familias con fillos en idade escolar. 
O goberno dos Concellos ten nas súas mans a administración máis achegada á realidade cotiá, a que máis nos afecta; pero tamén ten o potencial de traballar coas outras administracións públicas para axilizar a relación da cidadanía con institucións moitas veces arredadas ou dificilmente accesíbeis.
Por iso, queremos facer un catálogo de intencións, isto que logo explicaremos é o que desexamos que sexa compromiso de calquera partido ou formación que pretenda gobernarnos, e proxecto e actuación dos que gañen as eleccións. 
Para ler todo o documento, fai click no logo

viernes, 6 de febrero de 2015

Novedades de la LOMCE

Si queréis ver las novedades que conlleva la entrada de la nueva ley LOMCE, que entra en funcionamiento a partir de este curso,  podéis entrar en este enlace: