jueves, 20 de noviembre de 2014

PIDEN A NOSA COLABORACIÓN

Este venres, 21 de Novembro no IES Rodeira celebrarase unha reunión as 19:00 sobre este tema:


HOSPITAL 100% PÚBLICO
A PRIVATIZACIÓN É CORRUPCIÓN

A Consellería de Sanidade adxudica un contrato de 1.300 millóns de euros á Sociedade Concesionaria Novo Hospital de Vigo S.A.  para proxectar, construir e explotar os servizos do Novo Hospital de Vigo. O proxecto público custaba 400 millóns de euros.
A cambio dun Novo Hospital privatizado e recortado en tamaño e servizos, pechan o H. Xeral, o Cíes, o Rebullón, os Centros de Especialidades de Coia e a Doblada. E manteñen o concerto con Povisa.
Como consecuencia teremos menos Sanidade Pública e máis negocio para os seus amigos. Farán negocio con todo o que poidan, até o aparcamento será de pago.
Coa privatización corren o risco de desaparecer ou precarizar as súas condicións moitos postos de traballo, o que datá un peor servizo á cidadanía.

MANIFESTACIÓN

Xoves, 11 de decembro de 2014
Ás 20 horas, desde o Hospital Xeral 


XUNTA DE PERSOAL ÁREA SANITARIA DE VIGO