Conta da ANPA

A cuota é de 15€. Facer constar nome do alumno/a e curso.
ABANCA: ES71 2080 0515 5130 4000 4767

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Curso 2017-2018

PRESENTACIÓN CURSO 2017-2018

Convócase a todos os alumnos/as do IES María Soliño á presentación do curso 2017-2018 que terá lugar o VENRES 15 DE SETEMBRO, de 11:30 h. a 13:00.

Os autobuses do transporte escolar pasarán a recollelos polas paradas de costume.

lunes, 31 de octubre de 2016

Pago do ANPA

Lembrámosvos o número de conta do banco onde se debe facer o pago para ser socio/a do ANPA.
IMPORTANTE: No concepto débese poñer o nome do alumno/a do noso centro, así como a clase na que se atopa.

A conta da ANPA é no banco ABANCA:
Nº: 2080 0515 5130 4000 4767

Recordar que a cuota é de 15€/ano. 

En caso dunha familia con alumnos en distintos centros, chegará con pagar nun único centro, asociado á Federación de ANPAS públicas de Cangas, debendo informar debidamente á ANPA do centro onde non se paga.
Nós pedimos para xustificalo, unha fotocopia do recibo xunto co nome do alumno/a do noso centro, podedes elexir algunha destas opcións:

martes, 13 de septiembre de 2016

Reunión ANPA inicio curso 2016/17

Celebrada a Asamblea Ordinaria coa ACTA Nº113, celebrada o 12 de setembro de 2016, Resumo:

  • Presentación, lectura da Acta anterior, correspondente a setembro de 2015, e aprobación.
  • Estado de contas, lectura da relación de ingresos e gastos do ano.
  • Informe de direccicón do centro:
    • Presentación da vicedirectora.
    • Cursos e grupos. Este ano con 505 alumnos entre ESO, TAFAD e BACHARELATO.
    • Profesorado: 51 profesores/as. Con Pedagoga terapeuta e Orientadora. Estando a espera de conseguir un auxiliar de conversa nativo.
    • Plan anual do centro.
    • Seccións bilingües: 3º ESO Tecnoloxía, 4º ESO Informática e 3ºESO CulCla
    • Páxina web e Aula virtual.
    • Nova ley que establece un "Programa de mellora do aprendizaxe e do rendemento" (PEMAR), que se impartirá en 3º ESO, para axudar a promocionar aos que presenten dificultades de aprendizaxe non inmputables a falta de estudo ou esforzo.
    • Actividades extraescolares e complementarias: talleres de recreo, excursión para 4º ESO, celebracións tradicionais como Magosto, Entroido ou Samín. Saídas de día, excursións didácticas, visitas a museos,..
    • Plan de Mellora da Biblioteca: Hora de ler na ESO, Actividades de animación á lectura, Club de lectura con 2º ESO.
    • Instalacións: 3 talleres de Arte, Aula de Tecnoloxía, Aula de Informática, Aula de idiomas.
    • Normas. 3 profesores nas guardas de recreo. Aula de convivencia. Os alumnos da ESO non poden saír do centro, os de BAC só poderán saír con autorización de pais/titores ou os que sexan maiores de idade.
    • As faltas de asistencia serán notificadas o mesmo día por SMS aos pais/titores.
    • Participación do alumnado na vida do centro, a través dos delegados.
    • Horarios do curso.
  • Informe do Tokapp. Informase do motivo da utilización e o seu funcionamento, descarga da APP e alta, pedindo datos aos pais presentes.
  • Lectura dos proxectos da Federación de ANPAS
    • Gratituidade de libros de texto
    • Cursos para a xestión de ANPAS
    • NAE: Nenos con necesidades educativas
    • Charlas sobre a LOMCE
    • CIM: Comisión de Igualdade Municipal
    • Recibos APAS
  • O pavillón do instituto xa está en obras e está previsto que rematen o 15 de outubro.
  • A cuota da ANPA segue a ser de 15€
  • Paradas do autobús, que se poden consultar no blog ou na web do instituto.
  • Rogos e preguntas.

Horarios para o alumnado

O XOVES 15:
  • Entrada no centro para os alumnos de 1º ESO: 11:30h
    • Entrada no centro para os alumnos de 1º BAC: 12:30h
    • Saída do centro para TODOS: 13:15h
    O VENRES 16:
    • Entrada no centro para TODO o alumnado: 12:30h
    • Saída do centro: 13:30
    LUNS 19:
    • Clase en horario normal
    • Luns e mércores de 08:30h a 15:00h
    • Martes, xoves e venres de 08:30h a 14:00h